Calvet i Pascual, Agustí
Calvet i Pascual, Agustí
Xornalista e escritor. Coñecido co pseudónimo de Gaziel, colaborou en La Vanguardia, xornal do que foi correspondente de guerra en París. Exiliouse en xullo de 1936 e durante a Guerra Civil residiu no estranxeiro. En 1940, fuxindo da ocupación nazi, instalouse en Madrid onde dirixiu unha editorial. Publicou, entre outras obras: Diario de un estudante en París (1915), Narraciones de tierras heroicas (1916), Castella endins (Castela dentro, 1959), Portugal enfora (Portugal fóra, 1960) e Un estudiant a París i altres estudis (Un estudante en París e outros estudios, 1963).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Sant Feliu de Guíxols -
Deceso
Lugar : Barcelona