Calvià

Calvià

Municipio de Mallorca, no extremo S da serra de Tramuntana, preto da baía de Palma (145 km2 ; 28.748 h [1996]). Na costa, moi recortada, abundan as praias areosas, enmarcadas entre cabos rochosos como o cabo de Cala Figuera e cabo de Sa Mola. A vexetación está dominada polos piñeirais, a garriga e os cultivos de secaño, onde destacan a produción de cereais, améndoas e figos. Toda a costa é unha sucesión de urbanizacións, nas que hai un gran número de vivendas de segunda residencia, apartamentos e hoteis.