Calvo Rego, Xosé Benito

Calvo Rego, Xosé Benito

Xornalista e escritor. Cursou estudios de filosofía e letras e de xornalismo en Madrid, á vez que traballou nalgúns medios de comunicación. Coñecido como Tucho Calvo, comezou no mundo da prensa en El Correo Gallego; posteriormente colaborou en La Región, Arriba, Opinión, Ciudadano, Radio Francia Internacional e El País, amais de dirixir, a mediados dos anos 80, o xornal La Crónica de León. Vinculado a La Voz de Galicia dende 1976, exerceu o labor de redactor e de xefe de opinión. Dirixiu a edición Murguía e La Voz de Galicia (2000) e publicou O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade (1977), Froito das lembranzas (1981, Premio Galicia 1980), PAE-Século XXI. No comenzo dunha nova historia da humanidade (1982), o libro de contos Astra o confín (1983), El laberinto de Krochne (1988), Valentín Paz-Andrade, a memoria do século (1998), Luz de abrente (1999), O xabaril branco (2000), primeira novela difundida pola Internet e baixada por máis de 10.000 lectores nos primeiros quince días, e o relato infantil A castaña que chegou a árbore (2000). Conseguiu o III Premio de contos O Facho (1977), o Premio Modesto R. Figueiredo (1980 e 1981), e O Meco (1983).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : La Guaira, Venezuela