Calvo-Sotelo Bustelo, Leopoldo
Calvo-Sotelo Bustelo, Leopoldo
Político. Estudiou enxeñería de camiños en Madrid. Iniciou a súa andaina política como procurador en Cortes (1971-1975) e, nos primeiros gobernos da transición, foi ministro de Comercio (1975-1976) e de Obras Públicas (1976-1977). Foi un dos fundadores da Unión de Centro Democrático (UCD), gañadora nas eleccións xerais de 1977, e ocupou a carteira de Relacións coa CEE (1978-1980) e a vicepresidencia para Asuntos Económicos (1980-1981). Trala moción de censura presentada contra Adolfo Suárez, accedeu á presidencia do goberno (1981-1982). Entre 1977 e 1986 foi deputado por Madrid no Congreso de los Diputados. Foi membro do Parlamento europeo de 1986 a 1987. Publicou Memoria viva de la transición (1990).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Madrid