Cámara de Castela

Cámara de Castela

Órgano da administración central da coroa de Castela, derivado do Consello de Castela, que actuaba como consello privado dos reis. Formado por Carlos I en 1518, ampliou as súas funcións cos monarcas Filipe II e Filipe III para a provisión de determinados cargos, concesión de títulos nobiliarios, indultos, etc. Suprimiuse ao comezo do s XIX.