Cámara dos Comúns

Cámara dos Comúns

Cámara baixa do Parlamento británico. Creada no s XIII, ao longo dos ss XIX e XX unha serie de reformas ampliaron progresivamente as súas atribucións e a súa representatividade. Os seus 651 membros elíxense por un período máximo de 5 anos; cada circunscrición electoral escolle un único membro da cámara mediante sufraxio universal directo e non poden ser elixidos os sacerdotes, os funcionarios e os pares se non renuncian aos títulos nobiliarios. Preside a cámara o speaker ou presidente, que dirixe os debates. Desde o inicio do s XX, o primeiro ministro elíxese entre os representantes dos comúns.