Cámara dos Lores

Cámara dos Lores
Nome científico: [ing: House of the Lords]

Cámara alta do Parlamento británico. Está constituída por tres pares de sangue real, 794 pares hereditarios, 375 pares vitalicios (19 lores de apelación e 338 pares vitalicios) e 26 pares espirituais (2 arcebispos e 24 bispos). Desde a fin do s XVIII perdeu a maior parte do seu poder en favor da Cámara dos Comúns. As súas facultades redúcense á posibilidade de exercer o dereito de veto por dous anos sobre as leis aprobadas pola cámara baixa. Con todo, os nove lores de apelación (Law Lords) exercen a función dun tribunal superior de apelación.