Cámara Minera
Cámara Minera
Publicación aparecida en outubro de 1985 na Coruña e subtitulada “Boletín informativo”. Editada pola Cámara Oficial Minera de Galicia, contén as seccións: “Minería”, “Disposiciones”, “Opinión”, “Noticias” e “Pasatiempos”. É gratuíta e ofrece información do sector mineiro galego, aspectos legais da administración e diversos artigos de opinión.