camaradería

camaradería

(< camarada)

  1. s f

    Relación cordial e amigable existente entre camaradas.

    Ex: Aqueles anos de camaradería tiveron momentos moi felices.

    Sinónimos: amizade. Confrontacións: compañeirismo.
  2. s f

    Relación de cordialidade que se establece entre un grupo de persoas.

    Ex: Entre os traballadores da empresa existe unha verdadeira relación de camaradería.

    Confrontacións: compañeirismo.