camarilla

camarilla

(

  1. s f [POLÍT]

    Grupo de persoas que, sen recoñecemento oficial e ocultamente, inflúen sobre as decisións do monarca ou da autoridade superior do estado. O termo ten a súa orixe no conxunto de persoas que influíron sobre a conduta política de Fernando VII durante os anos 1814-1820 e 1823-1833.

  2. s f

    Conxunto de persoas que, subrepticiamente, inflúen nas decisións e negocios dalgunha autoridade superior ou dalgún persoeiro.

    Ex: A asociación non vai adiante porque a presidenta está influída por unha camarilla que só atende os seus intereses.

Palabras veciñas

camareta | Camargo | Camargo, Antón | camarilla | 1 camarín | 2 camarín | camariña