1 camarín
(
-
s
m
[ARTE]
Cámara elevada e accesible, situada normalmente detrás dos altares presididos por unha imaxe que recibe especial veneración, visible desde unha nave da igrexa a través dunha abertura. Chegou a ser un elemento típico da liturxia espectacular da Contrarreforma. A miúdo é unha auténtica capela, na que se pode xirar a imaxe, e que adoita servir tamén para custodiar as vestimentas e xoias. Algunhas veces son torres acaroadas á ábsida da igrexa, como na de Guadalupe (1688-1696) e na Vic22toria de Málaga (1693). Un dos máis espectaculares é o que se atopa tralo altar maior da catedral de Santiago de Compostela.
-
s
m
-
Cuarto dedicado ao peiteado e ao aseo.
Sinónimos: toucador. -
Espacio dun teatro ou dunha sala de espectáculos no que os artistas se visten e se preparan para saír a escena.
Sinónimos: camerino. -
Cuarto no que se gardan as roupas e as xoias dunha imaxe relixiosa.
-
Cuarto no que se gardan obxectos delicados e de valor.
-