camarón
camarón
(< lat cammăru < grκάμμαρος)
s
m
[ANIMAL]
Crustáceo decápodo, da sección dos carídeos, pertencente aos xéneros Crangon, Palaemon e Palaemonetes. Caracterízase por presentar a pleura do segundo segmento abdominal superposta á do primeiro, as terceiras patas non presentan pinzas e as branquias filobranquiadas. A súa carne é moi apreciada e, habitualmente, o seu prezo é elevado. A temporada na que se come vai do outono ao inverno. Consómese habitualmente cocido en fresco e aromatizado con follas de loureiro.