Camas
Camas
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na marxe dereita do Guadalquivir (25.679 h [1996]). O seu desenvolvemento económico está impulsado pola proximidade de Sevilla. A base da súa economía fundaméntase na agricultura, baseada na produción de cereais, legumes, viñas e oliveiras, e na reducida industria de fábricas de bidóns metálicos, augardente e produtos químicos.