Camba, San Xoán de

Camba, San Xoán de

Igrexa e pazo situados en Santiago de Fefiñáns (Rodeiro). O pazo recibe tamén o nome de casa forte de San Xoán ou casa dos Churruchaos. No s XV pertenceu a Álvaro de Camba, señor de Rodeiro e Camba, posteriormente pasou aos condes de Villapún, Pedro de Miranda e Carme de Miranda de Mondragón. Preto do pazo atópase a igrexa románica do s XII que conserva o arco triunfal, a bóveda e os capiteis da primitiva construción. Na ábsida atópanse os sepulcros dos Camba, entre os que salienta o de Fernando de Camba quen recibiu en 1510, como contrapartida da súa participación na Guerra de Granada, o título de duque.