Cambados, Santa Mariña Dozo de

Cambados, Santa Mariña Dozo de

Igrexa parroquial situada en Cambados. Foi construída entre os últimos anos do s XV e os primeiros do s XVI por orde de López Sánchez de Ulloa sobre unha capela do s XII. De estilo oxival, consta dunha nave dividida por catro arcos transversais de medio punto sostidos por pilastras e dunha ábsida de planta rectangular con bóveda estrelada. O arco triunfal é apuntado e a bóveda é de crucería. A fachada principal tivo un rosetón, hoxe desaparecido. A mediados do s XIX foi pechada ao culto e en 1943 as súas ruínas foron declaradas Ben de Interese Cultural.