Cameron, Richard
Cameron, Richard
Eclesiástico presbiteriano escocés. Abandeirado do movemento extremista dos covenanters, que rexeitaba a Carlos II e tamén o indulto que este lles concedera. En 1680 asinou un manifesto contra a política real, unha auténtica declaración de guerra. Morreu no enfrontamento que supuxo a derrota da súa causa.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Falkland, Fifeshire -
Deceso
Lugar : Airds Moss, Ayrshire