Camiño, Santa María do

Camiño, Santa María do

Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela, obra de Miguel Ferro Caaveiro, quen a proxectou cara ao 1770. Ten planta rectangular cuberta con bóveda de aresta, agás na entrada que ten bóveda de canón. Destaca a fachada articulada con dous pares de pilastras xónicas que serven de apoio a un entaboado curvo e partido que acolle un grande óculo decorado cunha coroa de loureiro. O conxunto remata cun campanario de planta poligonal e catro vans.