camión

camión

(< fr camion)

  1. [TRANSP]
    1. s m

      ehículo automóbil especialmente acondicionado para o transporte de carga. A carrocería está formada por dúas partes montadas sobre un chasis: a cabina, destinada ao condutor e aos axudantes, e a caixa, destinada á carga. A caixa pode ser pechada, aberta ou especial (cisterna, plataforma, formigoneiras, abatible, etc). O camión lixeiro, dun peso total con carga inferior aos 3.000 kg, chámase furgoneta ou furgón, cando é de caixa fechada, e camioneta, cando é de caixa aberta ou de plataforma. O camión pesado, de carga útil comprendida entre os 1.500 kg e as 38 toneladas, adoita ir equipado con motores diesel de aceite pesado; a caixa de cambios pode chegar a dar 8 relacións e a transmisión acostuma ir montada con dispositivos de embrague hidráulico ou convertedor de par, cambio de marchas con preselector e bloqueo de diferencial. Nos camións de tres ou catro eixes, os posteriores son os impulsores, pero nos camións todo terreo todos os eixes son motores.

    2. camión cisterna

      ehículo provisto dunha caixa especialmente acondicionada para transportar líquidos como auga, petróleo, bencinas, ácidos, produtos bituminosos, etc.

    3. camión de caixa abatible

      ehículo provisto dunha caixa de carga que se pode levantar por medio duns motores hidráulicos para baleirala por un oco, tamén abatible. Emprégase para o transporte de materiais a granel.

    4. camión formigoneira

      ehículo provisto dun tambor xiratorio onde se carga e transporta o formigón.

    5. camión grúa

      Vehículo provisto dun guindastre para remolcar vehículos.

    6. camión tractor

      ehículo curto, sen caixa, provisto dun dispositivo de enganche e arrastre de semirremolques.

  2. s m [PESCA]

    Arte de pesca que xunto coa xábega representa a transición entre as artes de cerco e as de arrastre.