camisard*

camisard*
s m [HIST]

Calvinistas das montañas de Cévennes, no Languedoc, que se sublevaron contra Luís XIV de Francia. O seu nome provén do costume de levar unha camisa branca por enriba dos vestidos nos combates nocturnos. A revolta dos camisards iniciouse en 1702 contra a persecución relixiosa exercida a partir da revogación do Edito de Nantes (1685), que prohibía o exercicio público das prácticas relixiosas. A loita foi moi dura e a represión implacable. Os seus principais dirixentes foron Ségnier, Laporte e Cavalier, que derrotaron dúas veces ás tropas reais. O mariscal de Villars (1704), ao mando de máis de 10.000 homes, obrigoulles a aceptar un armisticio. Non obstante, mantivéronse algúns focos de loita ata o 1710.

Palabras veciñas

camioneiro -ra | camioneta | camisa | camisard* | camiseiro -ra | camisería | camiseta