camiseta

camiseta

(< camisa)

  1. s f

    Peza de vestir interior, normalmente de punto, confeccionada con algodón, flanela ou outros materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco e sobre a que se pon unha camisa ou calquera outra roupa.

    Ex: Levaba unha camiseta debaixo do xersei porque ía moito frío.

  2. s f

    Peza de vestir exterior feita con diversos materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco.

    Ex: Fun vestido á voda cun pantalón e cunha camiseta branca. Os xogadores do noso equipo quixeron cambiar as cores da camiseta.

Formas incorrectas

niqui

Palabras veciñas

camisard* | camiseiro -ra | camisería | camiseta | camisola | camisón | camita