camp*
camp*
adx e s
f
Aplícase á maneira lúdica e pracenteira de entender a arte, na que o espectador adopta unha posición de superioridade con respecto á obra en cuestión, pero sen xulgala criticamente. Xurdiu dende finais da década dos setenta do s XX en relación coa posmodernidade, nun momento no que a adopción de calquera estilo era totalmente cuestionable, ata o punto de que na era posmoderna cada nova proposta estética vai seguida dunha antiproposta. Identifícase co que deleita sen atender ás marxes do que convencionalmente se entende por bo e mal gusto. Trátase, en definitiva, dunha forma de combater o aburrimento na mirada artística.