camp*

camp*
adx e s f

Aplícase á maneira lúdica e pracenteira de entender a arte, na que o espectador adopta unha posición de superioridade con respecto á obra en cuestión, pero sen xulgala criticamente. Xurdiu dende finais da década dos setenta do s XX en relación coa posmodernidade, nun momento no que a adopción de calquera estilo era totalmente cuestionable, ata o punto de que na era posmoderna cada nova proposta estética vai seguida dunha antiproposta. Identifícase co que deleita sen atender ás marxes do que convencionalmente se entende por bo e mal gusto. Trátase, en definitiva, dunha forma de combater o aburrimento na mirada artística.

Palabras veciñas

Camoucedo | camoucha | Camp David, Acordos de | camp* | Camp, Jean | 1 campa | 2 campa