Campanet
Campanet
Municipio de Mallorca, na serra de Tramuntana (35 Km2; 2.255 h [1996]). Está situado nunha zona de bastante vexetación, con predominio de bosques de piñeiros e aciñeiras. Na agricultura destacan os cultivos de secaño: cereais, amendoeiras, ervellacas, figueiras e oliveiras. O gando vacún e o porcino son os máis numerosos. A caza de lebres e perdices, así como a pesca fluvial, son actividades importantes que se desenvolven dentro do municipio. En 1945 foron descubertas as covas de Campanet, de grande atractivo para o turismo.