Campaniola

Campaniola
[PUBLIC]

Revista que apareceu en setembro de 1956 na freguesía de San Pedro de Campañó, en Pontevedra. Foi subtitulada como “Publicación parroquial”. O fundador e director foi o reitor da freguesía, Antonio Rodríguez Fraiz. Entre os colaboradores figuraban o cardeal Quiroga Palacios, Xosé S. Crespo Pozo e Alfredo García Alén, entre outros. A tirada foi curta, non superou o terceiro número.