Campañó, San Pedro de

Campañó, San Pedro de

Igrexa parroquial situada en Pontevedra. A igrexa primitiva era románica con planta de salón e ábsida rectangular. En 1720 o abade do mosteiro de Poio, ao que pertencía a parroquia, mandou construír a capela maior, que realizou o mestre de obra Bieito Gosende. De planta cadrada, está cuberta por unha bóveda rebaixada que se divide en casetóns. A torre barroca ten tres corpos, construídos os dous primeiros por Mateo López e o último por Melchor de la Torre en 1782. O primeiro é liso cun fornelo que acolle unha imaxe gótica do s XIV da Virxe do O, mentres que os outros dous están decorados. No interior sobresae o altar maior, obra de Benito Rey Rodríguez e Xosé de Malvárez, coa figura sedente de san Pedro.