campaña

campaña

(< lat *campanĕa‘chaira’ < lat campu ‘campo’)

  1. [BÉL]
    1. s f

      Operación militar que se realiza en campo aberto.

      Ex: Antes de entraren en campaña xa tiñan a batalla gañada.

    2. s f

      Conxunto de operacións estratéxicas, recollidas nun plano organizado previamente, para levar a cabo algún obxectivo concreto.

      Ex: Napoleón fracasou na campaña de Rusia.

    3. s f

      Período no que as tropas residen ou operan en zonas de guerra. Antigamente o clima limitaba as operacións a campañas de primavera e verán.

      Ex: Trala campaña de verán, as tropas romanas retiráronse ós cuarteis.

    4. misa de campaña

      Misa que se celebra ao aire libre, sobre todo a relacionada cunha cerimonia militar.

  2. [COMUN]
    1. s f

      Serie de actuacións políticas, publicitarias, sanitarias, etc, organizadas para conseguir un determinado fin.

      Ex: Hoxe comeza a campaña de vacinación contra a gripe. Os xornais organizaron unha campaña de descrédito contra os promotores inmobiliarios.

    2. campaña de imaxe

      Accións encamiñadas a mellorar profesionalmente a imaxe dunha persoa.

    3. campaña de vendas

      Actuacións de carácter comercial relacionadas cun produto e limitadas no tempo.

    4. campaña electoral

      Serie de actividades de información e de propaganda sobre os candidatos, os partidos políticos e os seus programas feitas durante un prazo determinado antes dunhas eleccións e encamiñadas a conseguir o máximo número de votos dos electores.

    5. campaña promocional

      Conxunto de actuacións que teñen como fin o incremento do uso dun determinado produto por parte dun maior número de usuarios, por medio de sorteos, descontos ou agasallos.

    6. campaña publicitaria

      Conxunto de accións planificadas de comunicación publicitaria realizadas por un anunciante dun determinado produto para conseguir uns obxectivos determinados durante un período de tempo prefixado e utilizando un ou varios medios de masas.

  3. s f

    Período no que se realizan unha serie de actividades cunha finalidade concreta.

  4. s f [MAR]
    1. Tempo que duran as operacións realizadas por un buque ou unha escuadra dende que sae dun porto ata que regresa a el, ou fondea noutro, despois de cumprir algunha misión.

    2. Duración dos servicios que presta un mariñeiro nun buque de guerra.

    3. Temporada de pesca dunha especie, especialmente do bonito e da sardiña.

      Ex: A campaña marisqueira deste ano resultou moi proveitosa. A campaña do bonito tivo que rematar antes de tempo.

      Sinónimos: costeira.
  5. s f [HERÁLD]

    Peza que se coloca horizontalmente e que ocupa o terzo ou o cuarto inferior do escudo, sendo a súa largura un terzo do mesmo. Cando está diminuída, aproximadamente na metade, recibe o nome de campaña diminuída.