campaña
(< lat *campanĕa‘chaira’ < lat campu ‘campo’)
-
[BÉL]
-
s
f
Operación militar que se realiza en campo aberto.
Ex: Antes de entraren en campaña xa tiñan a batalla gañada.
-
s
f
Conxunto de operacións estratéxicas, recollidas nun plano organizado previamente, para levar a cabo algún obxectivo concreto.
Ex: Napoleón fracasou na campaña de Rusia.
-
s
f
Período no que as tropas residen ou operan en zonas de guerra. Antigamente o clima limitaba as operacións a campañas de primavera e verán.
Ex: Trala campaña de verán, as tropas romanas retiráronse ós cuarteis.
-
misa de campaña
Misa que se celebra ao aire libre, sobre todo a relacionada cunha cerimonia militar.
-
s
f
-
[COMUN]
-
s
f
Serie de actuacións políticas, publicitarias, sanitarias, etc, organizadas para conseguir un determinado fin.
Ex: Hoxe comeza a campaña de vacinación contra a gripe. Os xornais organizaron unha campaña de descrédito contra os promotores inmobiliarios.
-
campaña de imaxe
Accións encamiñadas a mellorar profesionalmente a imaxe dunha persoa.
-
campaña de vendas
Actuacións de carácter comercial relacionadas cun produto e limitadas no tempo.
-
campaña electoral
Serie de actividades de información e de propaganda sobre os candidatos, os partidos políticos e os seus programas feitas durante un prazo determinado antes dunhas eleccións e encamiñadas a conseguir o máximo número de votos dos electores.
-
campaña promocional
Conxunto de actuacións que teñen como fin o incremento do uso dun determinado produto por parte dun maior número de usuarios, por medio de sorteos, descontos ou agasallos.
-
campaña publicitaria
Conxunto de accións planificadas de comunicación publicitaria realizadas por un anunciante dun determinado produto para conseguir uns obxectivos determinados durante un período de tempo prefixado e utilizando un ou varios medios de masas.
-
s
f
-
s
f
Período no que se realizan unha serie de actividades cunha finalidade concreta.
-
s
f
[MAR]
-
Tempo que duran as operacións realizadas por un buque ou unha escuadra dende que sae dun porto ata que regresa a el, ou fondea noutro, despois de cumprir algunha misión.
-
Duración dos servicios que presta un mariñeiro nun buque de guerra.
-
Temporada de pesca dunha especie, especialmente do bonito e da sardiña.
Ex: A campaña marisqueira deste ano resultou moi proveitosa. A campaña do bonito tivo que rematar antes de tempo.
Sinónimos: costeira.
-
-
s
f
[HERÁLD]
Peza que se coloca horizontalmente e que ocupa o terzo ou o cuarto inferior do escudo, sendo a súa largura un terzo do mesmo. Cando está diminuída, aproximadamente na metade, recibe o nome de campaña diminuída.