Campana
Campana
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da Coruña. Unha das ramas pasou a Cádiz e despois a Veracruz (México). As súas armas levan, en campo de ouro, unha campá de azul. Outros traen, en campo de goles, tres veneras de prata postas en banda, acompañadas dunha aguia da súa cor en xefe e dunha caldeira de sable en punta.