campamento
(< campo)
-
s
m
Acción de acampar.
-
s
m
Lugar habilitado ou conxunto de instalacións necesarias para vivir un grupo de persoas ao aire libre e temporalmente.
Ex: Cando estaba permitido, había un campamento onda a praia durante todo o verán.
-
s
m
[BÉL]
Actividade do servizo militar na que os soldados abandonan o cuartel para recibir a instrución e vivir ao aire libre.
Ex: As tropas saíron de campamento esta fin de semana.
Confrontacións: arraial. -
campamento romano
[HIST]
Construción defensiva edificada polo exército romano para albergar diferentes corpos militares distribuídos en tendas ou noutras estruturas máis sólidas. Co tempo, o carácter itinerante dos primeiros campamentos que se levantaban cada noite durante as campañas, abandonouse en favor dunha permanencia temporal maior. Os campamentos estables situábanse nos puntos conflitivos das fronteiras ou como puntos de control nalgunha calzada, elixindo espacios chans e abertos para evitar ataques por sorpresa e buscando a proximidade dos cursos de auga para beber e como desaugadoiro. Existía un modelo construtivo xeral que seguían todos os campamentos. A planta, de forma cuadrangular ou rectangular, dispuña dunha muralla ou vallum de pedra ou madeira rodeada por un foso. Como reforzo das defensas, colocábanse torres nos ángulos, nas portas e nas murallas. O interior organizábase en dúas rúas: a transversal ou vía principalis, que dividía o campamento nunha parte anterior ou praetura e outra posterior ou retentura, e a lonxitudinal, dividida en dous treitos, a vía praetoria e a vía decumana, que remataban en catro portas: a decumana, a praetoria, a principalis dextra e a sinistra. As rúas menores, que separaban as tendas entre si, denominábanse strigae, e o espazo comprendido entre o conxunto de tendas ou edificacións do campamento e a muralla, intervallum. Ademais dos barracóns ou centuriae, onde se aloxaba a tropa e o seu equipo xunto cos oficiais de menor rango, existían outras edificacións como os principia, centro técnico e administrativo do campamento onde traballaba o comandante da lexión acompañado dos seus oficiais e dos escribáns, unha basílica na que se realizaban as funcións relixiosas, administrativas, xurídicas e cerimoniais, o praetorium ou casa civil do xefe da gornición, a quaestura ou pazo dos legados, os horrea ou almacéns de gran e outras construcións como as latrinas, o hospital, os almacéns ou os obradoiros. Na época imperial este esquema sufriu algunhas modificacións: o espazo interior do campamento dividiuse en tres partes e creouse unha vía de circunvalación denominada sagularia, con outras máis pequenas e paralelas que recibiron o nome de vicinariae. Moitas das cidades construídas polo Imperio seguiron o plano de construción dos campamentos e mesmo chegaron a edificarse sobre eles. En Galicia, que estaba baixo o control militar da Legio VII Gemina, identificáronse dous campamentos de corpos auxiliares desta lexión: o de Aquis Querquennis, no actual concello de Bande, da época flavia (s I d C), e o de Cidadela, en Sobrado, de época posterior, (ss II-I).