campaíña

campaíña

(< campá)

  1. s f
    1. Campá pequena, provista dun mango para uso manual, utilizada en cerimonias relixiosas, actos públicos ou reunións para chamar a atención do público ou do servicio.

      Ex: O bedel anunciou o comezo da conferencia cunha campaíña.

    2. Campá pequena que se colga do pescozo dalgúns animais para localizados.

      Ex: A gata tiña unha campaíña atada ó pescozo cun lazo lila.

      Sinónimos: choca, chocallo, cinzarra, cinzarro.
  2. s f [ANAT]

    Pequena eminencia cónica da parte media do veo do padal, formada polo músculo palato-estafilino, o tecido conxuntivo e a membrana mucosa.

    Ex: Tiña un problema na campaíña e non falaba moi ben.

    Sinónimos: pingallón, pinguel.
  3. s f [PLANTA]

    Herbácea, que como os narcisos e as campánulas, posúe flores de corola tubular.

    Ex: Cortamos no xardín unhas campaíñas que cheiraban moi ben.

Palabras veciñas

2 campa | campá | Campagna Romana ou Agro Romano | campaíña | campal | campamento | campan(i/o)-