choca

choca

(

  1. s f
    1. Instrumento de metal semellante a unha campaíña que se colga no pescozo dalgúns animais para poder localizalos e para que guíen o rabaño.

      Ex: A vaca que levaba a choca sabía ben o camiño de volta.

      Sinónimos: chocallo, cinzarra, cinzarro.
    2. Campaíña que levan pendurada ao van algúns personaxes populares do entroido, como os cigarróns e choqueiros, para facer ruído ao correr no lugar destinado á celebración. Ex: Está a vestir o cigarrón no seu cuarto e só lle queda pendurarlle as chocas.

      Ex: Está a vestir o cigarrón no seu cuarto e só lle queda pendurarlle as chocas.

  2. s f

    Campá que non soa ben porque ten unha fenda. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tempo ten a choca, e tempo ten o que a toca”.

  3. s f

    Nome e apelidos acompañados dun trazo particular que se usa para asinar un documento.

    Ex: Cando firmaba, nunca facía a mesma choca.

    Sinónimos: rúbrica, firma. Confrontacións: sinatura.
  4. s f

    Xogo infantil que consiste en que un dos xogadores ten que tocar ou coller a un ou ao resto dos participantes.

  5. s f

    Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘campá’.

Frases feitas

  • Andar tocando a choca/chota. Falar de máis.

  • Mornear as chocas. Ser astuto e saber desenvolverse na vida.

Palabras veciñas

2 cho | Chō aman | Cho Oyu | choca | chocado -da | chocallada | chocalleiro -ra