chocalleiro -ra

chocalleiro -ra

(

  1. adx e s

    Aplícase ao animal que leva chocallo.

    Ex: A vaca chocalleira levaba as outras polo monte.

  2. adx e s

    Que ou quen leva chocallos no entroido como elemento do disfrace.

    Ex: Disfrazámonos de chocalleiros todos os anos.

  3. adx e s

    Que ou quen fai ou di chocalladas.

  4. adx e s

    Que ou quen ten por costume contar todo o que oe sen lle importar as consecuencias.

    Ex: Ese chocalleiro contou todos os seus segredos.

  5. adx e s

    Que ou quen anda mal vestido e sucio.

Palabras veciñas

choca | chocado -da | chocallada | chocalleiro -ra | chocallo | Chocano, José Santos | chocante