choca
(
-
s
f
-
Instrumento de metal semellante a unha campaíña que se colga no pescozo dalgúns animais para poder localizalos e para que guíen o rabaño.
Ex: A vaca que levaba a choca sabía ben o camiño de volta.
Sinónimos: chocallo, cinzarra, cinzarro. -
Campaíña que levan pendurada ao van algúns personaxes populares do entroido, como os cigarróns e choqueiros, para facer ruído ao correr no lugar destinado á celebración. Ex: Está a vestir o cigarrón no seu cuarto e só lle queda pendurarlle as chocas.
Ex: Está a vestir o cigarrón no seu cuarto e só lle queda pendurarlle as chocas.
-
-
s
f
Campá que non soa ben porque ten unha fenda. Na tradición oral recóllense ditos como: “Tempo ten a choca, e tempo ten o que a toca”.
-
s
f
Nome e apelidos acompañados dun trazo particular que se usa para asinar un documento.
Ex: Cando firmaba, nunca facía a mesma choca.
Sinónimos: rúbrica, firma. Confrontacións: sinatura. -
s
f
Xogo infantil que consiste en que un dos xogadores ten que tocar ou coller a un ou ao resto dos participantes.
-
s
f
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘campá’.
Frases feitas
-
Andar tocando a choca/chota. Falar de máis.
-
Mornear as chocas. Ser astuto e saber desenvolverse na vida.