campá

campá

(

  1. s f [MÚS]
    1. Instrumento idiófono de percusión, feito xeralmente de bronce e con forma de copa invertida. Suspendida boca abaixo, soa ao ser percutida por unha peza interior chamada badalo ou por un martelo exterior. A campá estendeuse desde Oriente Medio a todas as civilizacións antigas, que a empregaron como sinal de chamada ao culto, de festa, de dó, de perigo, como marca horaria, etc. Introduciuse no culto cristián a través de san Paulino (s VI), bispo de Nola, na rexión italiana da Campania. Ata o s VIII non hai constancia da construción de campanarios para convocar os fieis ao templo. Con finalidade musical creouse o carillón, constituído por un xogo de campás capaces de crear unha melodía. Existen distintos toques de campá segundo a forma de golpeala: o toque, no que o badalo ou o martelo golpean a campá de forma pausada; o repique, unha serie de golpes vivos e repetidos; o volteo ou lanzamento ao voo no que a campá se move de forma rotatoria e golpea con forza no badalo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cada campá dá a súa badalada. Cal é a campá tal é a campanada. Non oe misa a campá, e a todos á misa chama. Onde hai campás hai badaladas”.

      Sinónimos: sino.
    2. Instrumento idiófono de percusión, en forma de tubos ocos de metal. Presenta distintos tamaños segundo a afinación requirida para imitar o son das campás. Úsase en orquestras e campanarios como substituto da campá tradicional.

    3. Pavillón dos instrumentos de vento como a trompeta.

    1. s f

      Obxectos que recordan pola súa forma a unha campá.

    2. s f

      Especie de vaso de vidro que, colocado boca abaixo, serve para protexer do po ou doutros axentes externos os alimentos ou calquera outro obxecto.

      Ex: A figura da deusa estaba protexida por unha campá de cristal.

    3. s f

      Recipiente de vidro empregado en xardinería e horticultura para protexer as plantas do frío ou para favorecer o seu crecemento.

    4. campá de mergullador [MAR]

      Aparello metálico en forma de campá, utilizado en traballos submarinos para formar un espazo de aire atmosférico que permita o mergullador a respiración no seu interior mentres está somerxido.

    5. campá de salvamento [MAR]

      Cámara estanca en forma de campá que se adapta á escotilla dun submarino para evacuar a tripulación, en caso de que non poida emerxer por unha avaría.

    6. campá extractora [TECNOL]

      Aparato electrodoméstico provisto dun extractor que serve para aspirar e botar ao exterior os fumes ou os gases dunha cociña.

    7. campá pneumática [FÍS]

      Aparato de laboratorio que dispón dun recipiente cilíndrico de cristal, utilizado nas máquinas pneumáticas para practicar o baleiro.

  2. s f [BOT]

    Flor pertencente á planta de distintas especies que presenta a corola formada por pétalos soldados en forma de vaso acampanado.

    Ex: Arrincámoslle as campás á planta para secalas no medio das follas dun libro.

  3. s f [XOGO]

    Xogo que consiste en colocarse dúas persoas de costas enganchadas polos brazos para que, alternativamente, unha delas levante a outra no seu lombo, ao inclinarse cara a adiante.

  4. s f [MAR]

    Abertura angular e altura das vigas que forman unha cabria.

Frases feitas

  • A campá ferida. Ao son do sino.

  • Botar as campás a voar. Alegrarse antes de tempo.

  • Ser alguén como a campá grande. Ser unha persoa que fala cun volume de voz moi alto.

  • Ser unha campá de la. Ser bo de máis.

  • Tocar a campá por alguén. Aplícase a quen está a piques de morrer.

Refráns

  • As campás de Verán, cando as toca o sancristán, dinlle á xente: ¡Por dar, dan! ¡Por dar, dan!.
  • Cada campá dá a súa badalada.
  • Cal é a campá, tal é a campanada.
  • O badal da "campana" por todos chama.
  • O badal é un dente que avisa a xente.
  • Onde hai "campanas", hai badaladas.