Campaña, Santa Cristina de

Campaña, Santa Cristina de

Igrexa parroquial de estilo románico (s XII) situada en Valga. En 1115 o arcebispo Xelmírez doouna ao mosteiro de San Martiño Pinario. De planta rectangular, consta dunha nave cuberta con bóveda de canón e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado, levántase sobre dúas columnas pegadas e está cuberto por unha bóveda de canón. A portada principal consta de dúas arquivoltas decoradas con calados e billetes, apoiadas sobre columnas acobadadas con dúas xambas a cada lado. No tímpano aparece unha cruz esculpida. Sobre a porta sitúase un rosetón de billetes e calados.