Campdevánol
Campdevánol
Municipio de Catalunya, na comarca do Ripollés, situado nunha chaira preto do río Freser (3.347 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura de secaño e a cría de gando bovino, porcino e ovino, complementadas coas actividades das pequenas industrias téxtiles e metalúrxicas. Fóra da vila conta cunha igrexa románica.