Campe, Joachim Heinrich

Campe, Joachim Heinrich

Pedagogo e lingüista alemán. De 1774 a 1775 foi preceptor dos irmáns Alexander e Karl Wilhelm Humboldt. Partidario da reforma educativa propugnada por Basedow, en 1777 dirixiu o Philanthropinum de Dessau. Propuxo unha reforma institucional do ducado de Brunswick, lugar no que fundou en 1787 unha importante librería escolar dedicada á venda de manuais sobre problemas da educación, e unha imprenta. Escribiu, entre outros, numerosos libros de aventuras como Robinson, der jüngere (O mozo Robinson, 1779-1780), un dicionario da lingua alemá (1807-1811), e obras pedagóxicas e morais como Theophoron oder der enfahrene Ratgeber für die unerfahrene Jugend (1783), Väterlicher Rat an meine Tochter (1789), a Schulenzyklopädie, sen rematar, e Revision des gesamten Erziehungswesens.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Deensen, Brunswick

  • Deceso

    Lugar : Brunswick