Campeche

Campeche

Capital do estado de Campeche, México, á beira da baía de Campeche (150.518 h [1990]). Centro dunha área agrícola que proporciona a base da industria, posúe un importante porto comercial. Foi fundada en 1540 por Francisco de Montejo sobre unha antiga poboación maia e fortificada no s XVII tralos saqueos dos ingleses (1659) e dos bucaneiros (1678 e 1685). No s XVIII foi un dos grandes estaleiros das Indias.