Campello, El
Campello, El
Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (15.200 h [1996]). Situado na costa mediterránea, o seu litoral é moi rochoso. Na agricultura destacan os cultivos hortícolas orientados á exportación de froita e tomates, e os de secaño, con plantacións de cereais e leguminosas. Na industria sobresae a fabricación de aparellos de pesca e as salgaduras de peixe. A actividade turística concéntrase arredor da praia de Sant Joan.