Campin, Robert
Campin, Robert
Pintor flamengo. Identificado co chamado mestre de Flémalle, foi decano do gremio de pintores de Tournai (1423) e mestre de Rogier van der Weyden (1427). A súa única obra documentada é o fresco da Anunciación (1406) da igrexa de Saint Brice de Tournai. Das obras que se lle atribúen destacan o Descendemento da Cruz e o tríptico da Anunciación, anteriores a 1430, e a Madonna da Gloria, de época posterior.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Valenciennes, Hainaut -
Deceso
Lugar : Tournai, Hainaut