campión -na
campión -na
(< ital campione < xerm kamp ‘campo debatalla’ < lat campus Martis ‘campo de Marte’)
-
adx e s
Que ou quen consegue a vitoria nunha competición, especialmente de tipo deportivo.
Ex: O equipo portugués foi campión mundial de natación. A campioa de natación deu positivo no control antidopaxe.
-
s
m
Cabaleiro que combatía en campo pechado ou que participaba nun torneo ou nun desafío para defender a honra ou a causa doutro.
-
s
Persoa que defende ou sostén unha causa ou un determinado ideal.
Ex: Sempre foi un campión de causas perdidas. Loitou como un campión a prol de acadar a subvención.
Sinónimos: paladín.