Camuñas
Camuñas
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, na marxe esquerda do río Amarguillo, afluente do Záncara (1.772 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura de secaño, coa produción de cereais, viña, aceite e legumes, e a cría de gando lanar e caprino. A pequena industria do conxelado complementa esta economía primaria. Hai pequenos xacementos de chumbo, cobre e ferro.