Can sen Dono

Can sen Dono
[PUBLIC]

Revista de humor gráfico e literario que comezou a publicarse ocasionalmente a principios dos anos oitenta. A idea partiu dos humoristas gráficos Gogue e Pepe Carreiro, o seu primeiro director. Contou coa colaboración inicial de Luís Mariño e de Antonio Mascato como editores. Nunha segunda etapa foi dirixida por Picho Suárez. Os últimos números apareceron só coincidindo con acontecementos puntuais como as eleccións, o referendo da OTAN, a Guerra do Golfo Pérsico, etc. No tocante aos numerosos colaboradores gráficos destacan, entre outros: Gogue, Pepe Carreiro, Xosé Lois, Xaquín Marín, Quesada, Siro, Hortas, Lalo, Fran Jaraba, Kukas, Chichi Campos, Tokio, Philipot, Carlos Silvar, Bernar, Forxán, Victorino Tizón, Rocamadour, Evaristo Pereira, Miguel Vigo e Loquis. Pola súa parte, os colaboradores literarios usaron practicamente todos pseudónimo, que en bastantes casos agochaban firmas recoñecidas. O formato da revista variou constantemente debido a problemas técnicos e económicos.

Palabras veciñas

3 can | Can Maior | Can Menor | Can sen Dono | Can Tho | Can Tho | 1 cana