1 cana
(
-
[PLANTA]
-
s
f
Herbácea perenne de rizoma groso e duro, talos endurecidos de cor verde circulares, de ata 5 m de altura, follas alongadas e oblongas de ata 60 cm de lonxitude e 6 cm de ancho, dispostas de xeito alterno, de cor verde brillante pola face e glauca polo envés, con vaíñas persistentes castañas. Florecen a partir do segundo ano nunha panícula terminal de ata 60 cm de lonxitude. É orixinaria do sur de Asia; logo da súa introdución en Europa en 1850 por Siebold, estendeuse profusamente pola rexión mediterránea e naturalizouse en ribeiras e lugares húmidos de Galicia. Os talos pelados empréganse como arxóns, para fabricar cubertas ou en cestería.
Sinónimos: canaveira, canavela, canivela. Confrontacións: bambú. -
cana de azucre [Saccharum officinarum, Fam das poáceas]
Planta perenne, de rizoma groso, de onde parten talos de ata 5 m de altura e 8 cm de diámetro, cheos dun tecido zumarento e doce. As follas son estreitas e longas e as flores vermellas dispóñense nunha panícula terminal. O seu cultivo constitúe a fonte principal para a obtención de azucre. É orixinaria da India, onde se cultiva dende hai máis de 3.000 anos, sendo a primeira poácea cultivada de xeito extensivo. Dende alí estendeuse a Exipto (641) e á Península Ibérica (755), e despois ás zonas tropicais e subtropicais de todo o mundo. Na Península Ibérica cultívase localmente en áreas costeiras do sur. En gastronomía úsanse os talos desta planta, prensados entre rolos, para obter un zume do que sae o azucre de cana. Tamén se emprega para a elaboración das augardentes e licores de cana, do tipo do ron ou da cachaça. Aínda existe unha produción significativa nas provincias de Málaga e Granada, zonas na que existen fábricas azucreiras desde o s XVIII.
-
cana da India [Canna indica, Fam das cannáceas]
Herbácea de ata 3 m de altura de follas elipsoides, coa marxe enteira e pecíolo longo, con flores de cor variable, de amarelo a vermello ou mesmo con pintas, cun único estame dunha soa antera. Propia da zona tropical de Asia, África e América, está presente en Galicia como ornamental.
-
s
f
-
s
f
[BOT]
Talo tubular e con nós propio das plantas da familia das poáceas.
Sinónimos: canaveira, canavela, canivela. -
-
s
f
Obxecto alongado e cilíndrico, de madeira, metal, cartón ou outro material que ten unha forma semellante á planta da cana.
-
cana de pescar PESCA
[PESCA]
Utensilio de pesca constituído basicamente por unha vara, xeralmente de cana de bambú, aluminio ou fibra de vidro, cun extremo do que pende un fío ou unha liña provista no outro extremo dun ou de varios anzois. Entre a liña e o anzol adoita ir intercalado un fío de seda, moi resistente e transparente. Todo este conxunto constitúe o sedal. A miúdo ponse chumbo na liña e mesmo unha cortiza. A vara pode ser dunha soa peza ou de dúas, unha inferior grosa, o caxato, e outra superior, delgada e flexible, a rabiza. Algunhas canas están provistas ao longo da vara de pequenas argolas, polas que pasa a liña que, ás veces, se enrola nun carrete.
-
s
f
-
s
f
Parte do calzado alto, da media ou do calcetín, que cobre o tornecelo ou o papo da perna.
Ex: Merquei unha botas de media cana con sola de goma.
-
s
f
Médula dos ósos. OBS: Coñécese comunmente co nome de cana dos ósos.
-
s
f
-
Vaso estreito de forma tubular ou cilíndrica.
-
Bebida que se serve nese vaso, especialmente cervexa e sidra.
-
-
s
f
Póla cortada das árbores.
Ex: Teñen moita leña de canas de piñeiro.
Sinónimos: gallo, gallo. -
[MAR]
-
s
f
Parte da áncora comprendida entre a argola e a cruz.
-
s
f
Parte dun remo que está entre o guión e a pa.
-
cana do temón
Elemento feito en madeira ou metal, de forma delgada e alongada, que serve para facer xirar o temón.
-
canas do moco
Parella de cabos que, partindo do extremo inferior do moco, se insiren un a cada lado da roda de proa e serven para reforzalo.
-
s
f
-
s
f
[ALIM]
Doce preparado con masa de follado fritida que se enche con crema pasteleira.
-
s
f
[ALIM]
Augardente obtida por destilación da melaza do azucre de cana.
-
s
f
[ARQUIT]
Parte central da columna entre o fuste e o capitel.
Frases feitas
-
Comerlle a alguén a cana dos ósos. Sacarlle as entrañas a unha persoa.