Caná

Caná

Cidade de Galilea, onde, segundo o Evanxeo de san Xoán, Xesús obrou o primeiro milagre ao converter a auga en viño durante unha voda. Crese que se trata do lugar de Kafr Kanna, situado entre Nazaret e o lago de Tiberíades. O tema das vodas de Caná foi tratado iconograficamente xa desde época paleocristiá. Destaca a obra do Veronés, de grandes dimensións, exposta no Museé du Louvre.