Canaán
Canaán
Nome dado a distintos lugares do Mediterráneo oriental a partir do s XV a C. Parece que primeiramente se refería a Fenicia. No Antigo Testamento, Canaán designaba a terra situada no poñente do río Xordán. A grande etapa cultural de Canaán correspóndese arqueoloxicamente co Bronce, cando os cananeos ocuparon o país e desenvolveron unha cultura urbana desde o III milenio a C ata a conquista dos hebreos, cara ao 1200 a C, aproximadamente.