Canal, Giovanni Antonio
Pintor. Coñecido co sobrenome de Il Canaletto, formouse co seu pai, Bernardo, decorador de teatro. En 1719, influído pola súa estancia en Roma e polas ensinanzas de Lucca Carlevaris, Gaspard van Wittel e Marco Rici, iniciou a temática de paisaxes urbanas ou vedute de Venecia que o fixeron moi popular, especialmente en Inglaterra. O seu estilo inicial sitúase dentro dunha tradición cromática e lumínica caravaggista, reflectido nas súas obras Esclusas de Dolo e Taller de marmorista en San Vitale, que a partir de 1727 cobrou máis claridade. Entre 1730 e 1746 o aumento da súa produción implicou a intervención activa do seu taller e un manierismo progresivo, como por exemplo en Regata sobre o Gran Canal e Dársena de San Marcos, aínda que gravou unha serie de trinta e unha augafortes de gran calidade. Entre 1746 e 1755 residiu en Inglaterra onde pintou paisaxes e casas de campo. A súa produción caracterízase por un obxectivismo topográfico, minuciosidade e rigor arquitectónico obtidos grazas á axuda da cámara óptica. Influíu posteriormente sobre a escola veneciana dos vedutisti.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Venecia -
Deceso