cancán

cancán

(< fr cancan)

s m [ESPECT]

Danza de orixe francesa, moi de moda nos music-halls parisienses arredor de 1830. Era interpretado por bailarinas con saias e enaguas longas. De execución moi libre, caracterizábase por contorsións e xesticulacións rápidas e atrevidas, especialmente a que consiste en levantar as pernas o máis arriba posible.

Palabras veciñas

canavés -sa | Canberra | cáncamo -ma | cancán | cáncaro | canceira | cancela