cancela

cancela

(< cancelo)

  1. s f

    Pequena porta formada por unha grade de táboas que se coloca nun portelo para dar acceso a unha propiedade ou un camiño.

    Ex: Cando entres na veiga, arrima ben a cancela para que non entren os cans.

    Sinónimos: canceleira, canceleiro. Confrontacións: cancelo.
  2. s f

    Porta baixa formada por unha reixa de metal ou táboas que se coloca na entrada dunha casa para impedir o acceso.

    Ex: Cando baixes as escaleiras, deixa a cancela aberta.

    Sinónimos: canceleira, canceleiro. Confrontacións: cancelo.

Frases feitas

  • O falar non ten cancelas. Indica que se pode dicir todo o que se queira libremente, sen reparos de ningún tipo.

Palabras veciñas

cancán | cáncaro | canceira | cancela | Cancela | Cancela | Cancela del Río, Xoán Xosé