Cancela
Cancela
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica que se formou a partir da forma romance cancelo. Documéntase no s XVII: “Domingo Cancela” (doc ano 1692 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 537).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que leva como armas, en campo de azul, un castelo de ouro; bordo de goles con catro escudiños de ouro, cargados cada un deles de cinco bandas de azul.